Ahí van os ingredientes:
- 4 kg de berberechos
- 2 cebolas grandes
- 1 pemento pequeno
- Pemento moído
- Aceite de oliva
- 1 ½ kg de fariña de millo
- ½ kg de fariña de centeo
- Sal
En primeiro lugar, preparar a masa da empanada. Poñer a fariña de millo nun recipiente e engadirlle un litro de auga morna. Unir con tranquilidade e, cando esté ligada, incorporar a fariña de centeo e deixar repousar. Para facer a base do recheo, rústrense nunha tixola as cebolas cortadas en medias lúas, co pemento e o perexil. Cando a cebola súe, engadirlle un pouco de pemento moído. Abrir os berberechos cun golpe de vapor e comezar a montar a empanada, colocando unha base de masa en anacos pequenos estendidos e unidos coa axuda dun coitelo. Facer sobre este fondo outro de recheo e colocar enriba desta última capa os berberechos, previamente baleirados da cuncha. Volver colocar a masa estirada en pequenos parches por riba dos berberechos e meter ao forno xa quente a lume medio-alto durante unha hora. Deixar que amorne antes de empezar a comer. Esta empanada pódese facer con diferentes recheos, pero co que, se cadra, mellor se complementa é co recheo de bacallau con pasas, ou bacallau a secas se non nos gustan as pasas na empanada. Para elaboralo, só hai que esmigallar o bacallau desalgado e engadirlle un rustrido de cebola cunha manchea de pasas.
O millo é un cereal moi empregado en Galicia para facer postres e tamén pan, como as deliciosas bolas de millo.



Ningún comentario:
Publicar un comentario
Déixanos os teus comentarios